Ponse en marcha este sistema comunicativo a través de Telegram
O Servizo de Comunicación da Axenda de Ocio a través de whatsapp do Concello da Estrada alcanzou xa os 1.500 usuarios desde que se puxo en marcha o pasado mes de outubro. O obxectivo desta vía de comunicación é difundir con coa maior brevidade posible tódalas actividades de ocio e tempo de lecer que se levan a cabo no municipio. Desta maneira, os cidadáns poden ter información inmediata sobre novidades, material útil sobre diversos ámbitos, así como toda a información dos distintos eventos.
Os interesados en gozar deste servizo só teñen que inscribirse.
A maneira de facelo é moi sinxela:
1. O interesado deberá engadir un contacto novo na súa axenda do móbil co número de teléfono: 630 262 386
2. A continuación, deberá enviarlle a ese número un whatsapp poñendo ALTA.
3. Ó cabo duns días recibirá unha mensaxe de confirmación e comenzará a recibir tódalas novas da axenda cultural e de tempo de lecer no seu móbil.
Desta forma, o usuario ó enviar a primeira mensaxe ó novo contacto agregado pasará a formar parte dunha lista de difusión á que se enviarán as noticias periódicas.
Porén, non se usará este mecanismo como de medio de conversación ou de resolución de dúbidas (para iso existen outras vías de comunicación), de modo que así se asegure a efectividade do servizo.
Ademais, se chegado un momento o cidadán así o desexa pode deixar de recibir as novas comunicándoo a través do mesmo medio cunha mensaxe que poña BAIXA.
IMPORTANTE: Mediante este servizo envíanse mensaxes a través dunha lista de difusión, pero nunca se engadirá ó usuario a un grupo, polo que ningún usuario subscrito a este mesmo mecanismo terá acceso os datos ou os números dos demais.
Debido o gran éxito deste servizo, desde o Concello decidiuse ampliar a transmisión de novas a través dunha nova vía, desta volta a través de Telegram. Isto permitirá chegar a un maior número de cidadáns e darlle a posibilidade a maior cantidade, porque non todos usan actualmente whatsapp.
Neste caso, os usuarios que queiran dispoñer deste servizo teñen que engadirse á seguinte canle da aplicación: https://t.me/AxendaAEstrada @AxendaAEstrada
Telegram a través das súas ‘canles’ permite enviar mensaxes de maneira masiva a través do móbil, ofrecendo ós usuarios a posibilidade de subscribirse de maneira aberta e ilimitada. Desta maneira, calquera pode subscribirse sen intermediarios.
Cando se entra en Telegram aparece unha lupa na parte superior dereita onde se debe introducir o nome da canle que queremos buscar, neste caso @AxendaAEstrada. Unha vez atopada entramos no enlace e na parte de abaixo hai un botón que pon ‘Unirse’ (porque neste caso trátase dunha canle pública). E nas canles poden chegar mensaxes de distintas persoas porque pode ter varios administradores.
O mecanismo a través de Telegram xa está en funcionamento desde o Venres 30.






































