A escola infantil municipal da Estrada publicou hoxe unha lista actualizada de alumnos admitidos e en espera para o vindeiro curso 2017/2018, xa que houbo diversos cambios e incluso unha baixa. Así desta maneira e a día de hoxe, na listaxe de admitidos de 0 a 1 anos figuran 16 alumnos, dos cales sete asistirán pola mañá e pola tarde e nove só de mañá. Aquí non hai lista de espera.De 1 a 2 anos están admitidos tamén 16 alumnos: catro asistirán a xornada completa pola mañá, un completa pola tarde, dous completa pola mañá e tarde e nove media xornada pola tarde. Neste caso figuran 13 nenos na lista de espera para a xornada de mañá, aínda que destes sete xa están admitidos na quenda de tarde.Na lista de admitidos de 2 a 3 anos, o grupo máis numeroso, foron admitidos 27 cativos: 12 irán pola mañá en xornada completa, sete pola tarde e pola mañá e oito media xornada pola tarde. Neste caso, hai cinco alumnos na lista de espera que solicitaron media xornada de mañá, dos cales dous xa están admitidos na quenda de tarde.Os interesados poden consultar as listas na páxina web do Concello ou no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial.
A escola infantil municipal actualiza a súa lista de alumnado admitido e en espera para o vindeiro curso
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































