O alcalde José López, un asesor xurídico de Urbanismo e un perito agrícola recibiron hoxe pola mañá ós catro propietarios dos terreos que se expropiarán para ampliar os xardíns municipais. Durante o acto déuselle tódolos detalles sobre as novas medicións efectuadas o 2 de xuño, despois de presentarse alegacións onde se indicaba que había disparidade de metros. Despois disto tódolos propietarios firmaron a acta de acordo con respecto o que son as superficies das parcelas, tanto as superficies globais como as individualizadas. O seguinte paso que se levará a cabo será adaptar o texto refundido que resolve o período de alegacións, e que xa foi sometido a información pública. Nestas alegacións facíanse referencia fundamentalmente o relacionado co tema da superficie e tamén co de valoracións. Desta forma, o tema de superficies, coa firma do acordo hoxe polas partes interesadas, queda pechado. Mentres, o tema das valoracións resolverase no transcurso do expediente correspondente.Agora co texto refundido abrirase un prazo de 20 días para presentar a súa conformidade ou desconformidade en relación ó expediente expropiatorio. Seguramente o mércores quede finalizada esta primeira fase, que será o peche por parte dos servizos técnicos do departamento de Urbanismo , concluíndo tamén o que son as actas e a documentación necesaria para poder finalizar o procedemento que concluirá coa realización dunha Representación Gráfica Alternativa (RGA). (A Representación Gráfica Alternativa (RGA) é unha representación gráfica que difire da representación gráfica contida na certificación catastral descritiva e gráfica dun inmoble óentender o titular que non se corresponde coa realidade física).“O valor resolverase agora no proxecto expropiatorio, pero en principio temos claro cal vai ser porque foi o que se acordou no seu momento, pero ó incrementar a superficie evidentemente que hai outro custe”, sinalou o alcalde.Simultaneamente a este paso, o Concello efectuará o procedemento final, o expropiatorio, co texto refundido, resolvendo as alegacións presentadas, dando conta das novas superficies e desta forma finalizarase o proceso, con ese prazo de 20 días aportado. “Xa estamos na fase final coa vista posta no que será o proxecto de urbanización que será un dos proxectos que van moi na liña da estratexia da Edusi e que vamos a plantexar a incorporación deste proxecto, tanto o que é a elaboración da parte técnica como a de execución da obra dentro da Edusi”, apuntou López. (Edusi: Estratexias de Desarrolo Urbano Sostible Integrado). Desta maneira, o Concello ten garantindo tódolos fondos necesarios para esta actuación a través deste programa. “Iso é unha moi boa noticia, xa que estamos falando dunha inversión considerable sendo unha actuación que vai afectar a unha hectárea aproximadamente”, apuntou o rexedor.Tras a mediación feita fai un mes chegouse a conclusión de que había 162,4 metros cadrados máis que o que establecía o Catastro, alcanzando unha superficie de 4.671, 40 metros cadrados. A achega orzamentaria será de cerca de 1,8 millóns de euros, xa que coa nova superficie incrementouse en 50.000 euros.
Os propietarios dos predios da Alameda aceptan a nova mediación que permitirá a súa expropiación
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.






































