De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e demais normativa de aplicación, o Grupo Municipal Socialista do Concello da Estrada desexa someter á consideración do Pleno a seguinte MOCIÓN
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Tendo coñecemento do escrito realizado polos veciños e veciñas da Rúa San Paio, avalado por máis de 80 sinaturas, no que se solicita ao Concello da Estrada a retirada da zona de carga de descarga ubicada nesta Rúa, e compartindo o ánimo do escrito sobre a necesidade de reorganizar os espazos de aparcamento sitos na mentada Rúa, o grupo municipal socialista entende necesario dar un paso máis na mellora deste céntrico entorno da nosa vila, así como na equiparación das prestacións e servizos das distintas rúas da vila evitando os agravios comparativos entre veciños e veciñas. Na actualidade a Rúa San Paio é una rúa na que predomina o uso residencial, motivo polo que as necesidades de urbanización variaron ao longo do tempo. Por este motivo resulta necesario adaptar a súa humanización para convertir esta céntrica rúa da vila nun lugar máis habitable, acolledor e respetuoso, favorecendo a convivencia. Mentres outras zonas da Estrada teñen sido arranxadas en varias ocasións, nos últimos anos podemos atopar grandes diferenzas comparativas, esta céntrica rúa parece ter caído no esquecemento do goberno municpal, constituíndose importantes agravios comparativos. Ademais, non debemos esquecer que nos últimos anos o goberno encabezado polo alcalde López Campos deixou sen executar as partidas orzamentarias de fondos municipais destinadas a humanización de mellora de rúas urbanas, limitándose únicamente a xestionar fondos doutras administracións. Polo exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE somete á consideración do Pleno a presente MOCION, e propón a adopción dos seguintes ACORDOS: 1. Acceder á petición dos veciños da Rúa San Paio ao respecto da retirada da área de carga e descarga ubicada nesta rúa, reubicando as zonas de aparcamento e habilitando prazas libres. GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA A ESTRADA






































