A Lei de Depredación de Galiza é un perigo para o Ulla e para Galiza

A deputada Noa Presas alertou hoxe no acto que organizou o BNG da Estrada sobre as consecuencias da mina de Touro sobre o Ulla, que “se o goberno da Xunta aproba a Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, coñecida como Lei de Depredación de Galiza, modificará discrecionalmente moitas leis como a  da minería, o sector eólico, a lei de augas, a da conservación da natureza e a lei de  solo para beneficiar proxectos industrias que non beneficiarán a Galiza”. 

Neste sentido, a deputada do BNG, afirmou que “o proxecto da mina de Touro é un exemplo dos moitos que se poden poñer en marcha, prexudicando gravemente o medio ambiente en concas como a do Ulla vinculadas á pesca, turismo e mesmo o viticultura”.

A parlamentaria cualificou esta Lei como “a propia dun país colonizado” e alertou das posibles modificacións que o PP pretende introducir noutros textos lexislativos para que a lei de implantación industrial sexa utilizada polas empresas  como “cabalo de Troia para facer o que  que lles dea a gana”, e será o salvoconduto para “Elnosa, Ence ou para que o Porto de Cabral sexa un centro comercial en vez dun monte comunal, por poñer tres exemplo sobradamente coñecidos e rexeitados socialmente”.

A deputada nacionalista pide a retirada da Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, que se tramita por urxencia no Parlamento Galego.

— 

BNG da Estrada
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta