Arrancan as obras da segunda fase do Centro Hípico por un importe de 48.000 euros

O pasado mércores comezaron as obras do Centro Hípico, sito no mercado gandeiro de Guimarei. A actuación foi adxudicada a Arines S.L.  por un importe de 48.000 euros. O alcalde da Estrada, José López, agarda de que esta actuación estea rematada antes do Nadal e para que Sociedade Cabalar da Estrada (Socade) poida levar a cabo o seu proxecto do vindeiro ano.

“Eles teñen un proxecto de xestión da instalación realmente interesante no que queren facer actividades con escolas deportivas de hípica, así como achegar tamén o mundo da hípica aos máis cativos, para facer terapias cos cabalos así como dar servizo ás actividades propias da propia asociación, tanto dos asociados como de todos en xeral”, apunta o alcalde.

Con esta execución o Concello remata unha inversión de preto de 130.000 euros para este fin, e destes últimos fondos (48.000 euros) están financiados integramente pola Consellería do Medio Rural. “Para nós é un proxecto tamén moi agardado, a parte de polos máis de cen socios que ten a asociación Socade, por todas as persoas, que son moitas, que teñen relación co mundo do cabalo. A Estrada é un concello que ten moita tradición con este mundo e tiñamos moitas ganas de ter unha instalación que fose referente nesa materia e que nos aporta un valor engadido importante con diferenza ao resto dos centros hípicos, xa que o noso ten un espazo cuberto e en Galicia sempre é importante ter unha zona cuberta na que poder practicar deporte durante todo o ano”, salienta López.

Durante esta actuación que se está levando a cabo construirase un cerre, farase unha zona de acceso, adecuarase a pista e crearase un salón social. A actuación tamén inclúe resolver a problemática de humidades na paredes da pista e a substitución de varias pranchas translúcidas da cuberta actual co obxectivo de evitar filtracións.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta