O Servizo Municipal do Concello da Estrada procedeu esta mañá, tras recibir un aviso, á retirada dun vertido dunhas 200 pilas que ao parecer alguén desde a ponte de Pontevea arroxou ao río Ulla, tal e como apunta o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Constenla.O edil fai un chamamento ao civismo, xa que accións tan pouco éticas como esta, poñen en grave perigo as augas fluviais e por suposto, toda a biodiversidade que existen nelas. Por este motivo, tamén se pide a colaboración veciñal para que siga denunciando estes actos e incide na importancia da educación neste ámbito para que a cidadanía sexa consciente das drásticas consecuencias que provoca tirar lixo, sexa en ríos, ou en calquera outra zona indebida. Aínda que calquera tipo de residuo é contaminante, as pilas son uns dos más nocivos, xa que conteñen metais pesados, é dicir, elementos químicos que polo seu alto peso molecular, non se poden destruír por procesos biodegradables na natureza.







































