A execución levarase a cabo por un importe de 155.000 euros
A xunta de goberno da Estrada adxudicou, este mediodía, o contrato de obra ‘Pavimentación en Rubín, Berres, Santa Cristina de Vea, San Xurxo de Vea e Parada’ á firma Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) por un importe de 155.111, 99 euros co IVE incluído, o que supón ao redor de 85.000 euros menos que o presuposto de licitación. Presentáranse ao proceso seis empresas.
O importe base da licitación era de 239.999,99 euros con IVE incluído e o período de execución marcado é de dous meses. As actuacións consistirán na limpeza de foxos, varrido superficial de firmes existentes e instalación de novas capas de rodadura. Ademais, realizarase un bacheo previo en todas aquelas vías que o precisen.
Concretamente, os camiños que beneficiará esta actuación serán: en Rubín entre o Carballal e Cereixo, en Porto (Berres), entre Ulla e Porto (Berres), en Nogueira (Santa Cristina de Vea), en Loureiro de Abaixo (San Xurxo de Vea) e entre o cruce Entrecastelo e Vilademeus (Parada).
Durante os vindeiros meses, ademais destes asfaltados, levarase a cabo outros tantos no rural cun investimento total duns dous millóns de euros.






































