O Viveiro de Empresas da Estrada, sito na primeira planta do Novo Mercado, acollerá este mércores, día 11, a xornada Emprender con sentidiño. Será ás 19.00 horas. Nesta iniciativa colaboran a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Emprego, liderada por Óscar Durán, a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra, o Igape e Kalekói.
Na xornada participarán:
__ Alfonso Uzal (Responsable da Comarca de Tabeirós de AJE Pontevedra)
__ Pablo Fernández López (Presidente de AJE Pontevedra) que aportará información sobre AJE Pontevedra ao servizo do emprendedor, servizos, formación, networking e máis.
__ Miguel Ángel Romero (Técnico da Área de Financiamento do IGAPE). Que abordará os recursos públicos para emprender e consolidarse.
__ Álex Moure (Empresa Kalekói). Contará a súa experiencia como emprendedor de éxito coa súa andaina laboral baseada na elaboración de iogures artesanais e produtos de Galicia.
O curso é totalmente gratuíto e non será necesario inscribirse







































