Este mediodía clausurouse a segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado desde a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Emprego. É un dos cursos máis demandados. Sempre se cobren as 20 prazas ofertadas quedando un número importante de persoas fóra. A concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, Amalia Goldar, foi a encargada de entregar os diplomas.
Desde o Servizo de Emprego Municipal do Concello da Estrada comunican que xa traballan na organización dunha nova edición, dada a alta demanda que existe sempre neste curso, no que o Concello da Estrada abona máis da metade do custe por alumno. O alumnado, a través deste curso, tamén recibiu o certificado de manipulador de alimentos.






































