OS SOCIALISTAS PIDEN A CREACIÓN DUNHA NOVA PRESTACIÓN MUNICIPAL DE APOIO A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA, EMBARAZADAS E FAMILIAS CON BEBÉS

Entendendo a necesidade de levar adiante políticas transversais de apoio as persoas con necesidades especiais: mobilidade reducida, embarazadas e familias con bebés, así como para acadar a igualdade entre homes e mulleres, fixar poboación e dinamizar a economía, os socialistas estradenses cremos necesario dotar a vila de espazos de aparcamento que faciliten ás persoas con necesidades especiais mobilidade e familias con bebés desenvolver a súa vida diaria na Estrada.

 

Para lograr estes obxectivos son moitas as medidas que se poden levar a cabo, e moitas delas incluso a custe cero ou moi baixo, sendo só cuestión de vontade política. Para elo propoñemos a creación de prazas de aparcamento reservadas persoas maiores con mobilidade reducida, embarazadas e familias con bebés, cubertas, máis amplas e que faciliten o acceso aos vehículos sen que se vexan bloqueados pola proximidade de outros vehículos. Estas prazas de aparcamento habilitadas con estas prestacións resultan de especial interese nas proximidades de institucións e servizos públicos existentes na vila estradense (centro de saúde, Concello, Seguridade Social, Xulgados…), así como na zona comercial. 

 

A Estrada como Concello debe traballar para fixar poboación posto que a caída de habitantes nos últimos anos é preocupante. Así mesmo tamén se debe prestar especial apoio á dinamización do comercio local. Por todas estas razóns, o Grupo Municipal Socialista propón que se acade o compromiso de creación desta nova prestación na Estrada no vindeiro pleno municipal do mes de maio, e agardamos que se materialice o antes posible, entrando en funcionamento de xeito inminente.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta