A Peña Ciclista Bikestrada, en colaboración co Concello, organiza dúas rutas infantís este sábado e o día 26

                            A saída está prevista ás 16.30 horas desde a Praza da Constitución

 

 

Un ano máis, a Peña Ciclista Bikestrada, en colaboración co Concello da Estrada, organiza as rutas infantís “Bikestrada”, que terán lugar este sábado, día 5, e o 26 a partir das 16.30 horas. Os interesados poderán obter máis información no enderezo electrónico www.bikestrada.com

 

As saídas, ás 16.30 horas, serán desde a Praza da Constitución (Praza do Concello). Son rutas de dificultade baixa e os menores de idade deberán asistir acompañados dun adulto. Non é necesario ser socio da peña para poder participar nestas actividades, pero si será preciso cubrir un formulario previamente. Este pode descargarse desde a web do club ou no punto de partida das rutas, antes da saída. Será obrigatorio o uso de casco.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta