A pesar dos reiterados avisos por parte dos veciños e veciñas de Figueiroa que alertaban do mal estado do parque infantil desta parroquia, o seu peche cautelar pon en evidencia o que o BNG da Estrada vén denunciando desde hai meses: o deterioro e abandono das infraestruturas por parte do goberno municipal do PP. Non só é o parque infantil, tamén é a ludoteca municipal, limpada polos propios militantes do BNG ante a desidia do goberno; tamén é o matadoiro municipal, que é pasto dos cacos e a pesar das nosas denuncia o alcalde é incapaz de mantelas en bo estado ou de darlle un uso. Tamén falamos das vias públicas municipais, moi deterioradas logo de tres anos de letargo.
Falamos, en definitiva, dun goberno municipal e dun alcalde que xoga todas a súas cartas electorais nas vindeiras eleccións municipais de 2019 aos titulares e a propaganda de grandes fastos, esquecendo que detrás das maquetas a cor, hai unha #AestradaReal con moitos problemas que non lle interesa resolver a este goberno municipal.
Mais o peche decretado pola policía local do parque infantil de Figueiroa, logo de que unha meniña sufrira un accidente nestas instalacións de lecer situados ao final do casco urbano, tamén demostra outra cousa, que se necesitan espazos de lecer dispersos polo casco urbano como xa propuxemos en reiteradas ocasións, mais o PP e o alcalde empeñan o concello nunha actuación multimillonaria que non solucionará esta necesidade.






































