OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO Ao latexo das Letras chega ao Principal Estradense

O gaiteiro e frautista poiense OSCAR IBÁÑEZ arriba na Estrada co terceiro concerto do seu ciclo “Ao latexo das Letras” homenaxe a María Victoria Moreno, que terá lugar no Teatro Principal o vindeiro mércores 16 de maio a partires das 21 h.

 

 O artista actuará acompañado da poeta tamén de Poio Tamara Andrés, da súa TRIBO de directo formada por Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra, Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusións, e dun magnífico elenco de artistas convidados integrado por un grupo de gaiteiros da Banda de Gaitas Nova Era de Verín, dúas parellas de bailadores da A.F. Tequexetéldere, e a profesora de danza contemporánea ferrolá Eva Faraldo.

 

Así pois a música dos traballos en solitario “Alén do mar” (Ouvirmos, 2012) e “Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela” (Inquedanzas Sonoras, 2017) de Oscar Ibáñez a través da súa proposta “Ponte Atlántica”, os textos de María Victoria Moreno na voz de Tamara Andrés e a danza mestúranse neste espectáculo elaborado especialmente para sumárense á celebración das Letras Galegas 2018.

 

Este concerto está organizado dende o Concello da Estrada coa colaboración da AGADIC, xa que forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre. De maneira global o ciclo “Ao latexo das Letras” conta ademáis coa colaboración da Xunta de Galicia, dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Oscar Ibáñez levou “Ao latexo das Letras” ao Auditorio da Illa de Arousa o pasado sábado 5, e á Praza do Convento de Melide, dentro da Festa do Melindre. Despois da cita do vindeiro mércores 16 na Estrada, completará o ciclo con dous concertos en Portugal. Así pois o 18/05 actuará nos xardíns da Praça do Imperio de Lisboa, no marco do Festival Internacional da Máscara Ibérica, e o 19/05 no “Expolima Pavilion” da vila lusa de Ponte de Lima, dentro da programación do Festival Inter-Atlántico de Gaita de Foles, dando peche a esta xira das Letras.

 

 

 

 

 

 

 

TRAXECTORIA MUSICAL

 

OSCAR IBÁÑEZ é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son.

 

Os seus comenzos tiveron lugar en distintos grupos de música tradicional cos que percorreu toda Europa, a docencia en máis de 10 países de Europa e América a través da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e na súa participación nos concursos de gaita galega de maior prestixio, nos que acadou máis de 40 premios tanto en dixitación aberta como pechada.

 

Despois dunha ampla formación musical académica participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan ALÉN DO MAR (VIR, 2012) e AIRES DE PONTEVEDRA. Homenaxe a Ricardo Portela – 25 Aniversario Pasamento (Inquedanzas Sonoras, 2017) e publicou os libros-cd «OS MONTES DE LUGO» (Ouvirmos, 2007), «O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA. Nos xardíns da Tropical» (Dos Acordes, 2009) e «XOÁN TILVE GAITEIRO DE CAMPAÑÓ. Gravacións Históricas de Xosé Filgueira Valverde» (aCentral Folque, 2015). Dende 2004 traballa no Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e dende 2006 impulsou e dirixiu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria como «MUSGAFOL», «ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA GAITAS DE FOL DO NOROESTE» ou «JUELLES: ENCUENTRO DE GAITAS EUROPEAS».

 

A súa banda de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO está formada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria que formaron parte das bandas dos artistas máis destacados damúsica folk galega como Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra , Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusión.

 

Con esta formación OSCAR IBÁÑEZ levou a súa música por toda la península, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como o Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña), Festival Capodanno Céltico (Milán), Festival do Mundo Celta de OrtigueiraFestival Intercéltico do Morrazo, Festival de la LuzFestival Folk de Guísamo, Festival Folk As Pontes (Galicia), Festival Internacional Celta Reino de León (León), Festival Folk Canarias (Gran Canaria), Festival Sauga Folk (Cantabria) ou o Festival Intercéltico d’Occidente (Asturias), entre outros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta