A asociación continúa co seu programa de Primavera/Maio da lingua coa organización dun espectáculo de humor a cargo do Padre Meríno co seu monólogo A.M.E.N. (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas)
Terá lugar o próximo domingo, 20 de maio, ás 19:30 no Local Social de Ouzande. A entrada é gratuíta e está aberto a todas as persoas interesadas.
DESCRICIÓN DO ESPECTÁCULO
É unha mestura de distintas técnicas de actuación: monólogo-stand up, clown, bufón, maxia, música en directo… dirixido por Fran Rei (de Os 7 magníficos + 1).
O Padre Merino, coñecido antes como “Josito”, tivo unha dura infancia e peor xuventude. Problemas na casa, na escola (nunca foi bo estudiante), adición ó alcohol, (chegou a beber “Don Simón” e “Gin Larios” a pelo), ás drogas, (psicotrópicas e das outras), ó sexo, (ás veces incluso o chegou a facer con persoas)… Ata que un día atopou a Luz cando lle cae nas máns un libro do agora admirado Juan Pablo II. Ingresou, estudiou e ordeouse sacerdote e como el dí: “soldado do señor”. Imparte a súa doutrina e sagrado maxisterio alá por onde o chamen. A súa misión, apartarvos do mal e levarvos pola boa senda.
O Padre Merino, achégase unha vez máis a vós para mostrarvos a Palabra da nosa Santa Madre Igrexa. Tentará guiarvos pola senda do bo camiño grazas a unhas novas cruzadas ideadas polo Papa Rating…, Zarting…, Marzing… Benedicto XVI. “A.M.E.N.”: – Accións Misioneras Evanxélicas Nocturnas. O Padre Merino especializouse no pecado debido á súa difícil infancia e xuventude. Falaravos, en parte dende a experiencia, dos pecados capitais como a luxuria, a pereza, a gula… utilizará a Palabra, as Sagradas Escrituras, xogos didácticos, maxia educativa, música, cancións en directo coa súa nova guitarra… A.M.E.N.: é un curso, taller, charla, coloquio… sobre o pecado. E como tal, está aberto á vosa participación.
Fran Campos é o actor que se atreveu a idear un monólogo que se sae da norma. O motivo, facer un espectáculo diferente nun campo que domina.
Como actor ten xa un amplo currículum, tanto en solitario como en compañías teatrais. Sin esquencer por suposto a súa experiencia en TV, curtametraxes, radio…
-En canto a formación traballou con mestres como: Leo Bassi, Philipe Gaulier, Claudia Contín e Ferrucio Merissi, Jonny Melville, Alex Navarro e Caroline Dream, Jesús Jara, Cía. Imprevís, Cándido Pazó, Fran Rei, Anabel Gago, Nuria Boullón, Marián Mañobre…
-E participou en varias compañías teatrais como: “Cía. A Contrabutaca” con “Robin Hood” e “Frantasmas” (en cartel). “Chumpá Teatro” de Cuntis, “Escola Teatro A Estrada”…
-Curtametraxes: “Calquera sono”, “Inevitable”, “Todos Pierden”…
-Tv: “Luar”, “O show dos Tonechos”, “El rey de la comedia” (TVE), “Libro de familia”, “Nordés”…
-Radio: “Radio Galega”, “Radio Estrada”…
PREMIOS E MENCIÓNS
1º Premio no VII concurso de Dramatización de Monólogos Cómicos do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo-A Coruña (2007).
1º Premio no IV Concurso de Monólogos Humorísticos do Concello de Cuntis-Pontevedra (2007).
2º Premio no VI Concurso de Monólogos Cómicos do Pub d´Antón en A Laracha-A Coruña (2007).
1º Premio no I Concurso de Monólogos Cómicos’organizado pola Asoc. Ponte da Música en Pontedeume-A Coruña (2008)
Seleccionado para participar no programa oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia-Festiclown en Santiago de Compostela (agosto2006-agosto2007).
Finalista para o Concurso de TVE1 El rey de la comedia (2007).
O espectáculo A.M.E.N. do Padre Merino, estivo ademáis en:
-Luar (TVG-2006).
-El rey de la comedia (TVE1-2007).
-Un sitio á sombra (RadioGalega-2008).
-A Galería (RadioEstrada-2008).
-Estrada Televisión'(2008).
E leva dúcias de funcións por toda a xeografía galega.






































