As racións venderanse no Novo Mercado o domingo, 20 de maio, desde
as 12.00 a un prezo de 4 euros por bandexa de dous pinchos
Os dez establecementos participantes ofrecerán pratos tradicionais,
ceviches e misturas con cítricos, guacamole, escabeche e verduras
O Concello da Estrada vai ofrecer un total de vinte receitas
distintas de salmón o vindeiro domingo, 20 de maio, no marco da degustación popular da
cadraséximo quinta edición deste certame gastronómico. En total, os dez establecementos
participantes van servir 6.000 pinchos que, como é habitual, se distribuirán en 3.000 bandexas
–con dúas racións cada unha– que teñen un prezo de 4 euros.
“Os hostaleiros van facer un novo esforzo e van elaborar pinchos para 3.000 bandexas no
canto das 2.500 do ano pasado, que se quedaron curtas polo forte tirón do salmón e, sobre
todo, polos saborosos xeitos de preparalo dos nosos cociñeiros”, explicou o concelleiro de
Cultura, Juan Constenla, que destacou o crecemento da festa detectable a través da
degustación popular: “Hai cinco anos saian á venda unhas 2.000 bandexas, que se elevaron a
2.300 nos anos 2015 e 2016 e a 2.500 na pasada edición e, malia este incremento, temos que
seguir elevando a cifra, o que dá boa mostra de cal é a tendencia desta festa”.
Polo demais, a degustación popular, que comezará sobre as 12.00 horas no Novo Mercado e a
súa contorna mantendo a exitosa estética dos últimos anos, ofrecerá os seguintes pinchos:
A Casa do Pan
Empanada de Salmón con verduriñas da bisbarra do Ulla
Tosta de pan artesán con untado de Salmón e liscos de xamón ibérico
Argentinos Burguer
Ceviche negro
Salmón&Gofres
Panadería Cervela
Roliños de pan de molde con Salmón, queixo e gambas
Coca de Salmón, verduras, queixo e vieiras
A Bombilla
Salmón en escabeche de cítricos
Follado de Salmón con confeitura de tomate
Mar de Compostela
Espeto campestre con pan de millo
Salmón en cama de vexetais
Fritido de Salmón con salsa agridoce
Tortilla de Salmón
Os Peares
Arroz mar e terra
Croquetas de Salmón
Nixon
Pastel de Salmón con pan negro
Salmón en escabeche branco
Samaná
Cracker de Salmón con guacamole de ourizo
Follado morno de Salmón, gambas e setas
Velis Nolis
Ceviche de Salmón con amorodos
Ceviche de Salmón con augacate
Lagar de Ribela Sidra







































