Hoxe tivo lugar a presentación de un dos concertos cabeceira do cartel do San Paio 2018: Michael Legend, unha banda tributo ao rei do pop, Michael Jackson. Na presentación, estiveron dous integrantes da Banda, o batería Carlos Arévalo e o guitarrista Leo Giannetto. Estos, destacaron a calidade musical do espectáculo, con 12 músicos enrriba do escenario, así como polo seu realismo tanto na posta en escea, bailes e bestiario. O actor que interpreta a Michael Jackson dará vida a un dos artistas máis queridos do panorama da música a nivel mundial e o seu parecido revivirá na memoria dos asistentes ao auténtico Rei do Pop. Todos os seus éxitos soarán na noite do 24 de xuño na praza do Concello a partir das 00:15 h.
—






































