Rei Zentolo redeseña o merchandising da Rapa das Bestas de Sabucedo

 A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo e a marca téxtil asinan un
convenio de colaboración para comercializar durante tres anos unha liña
específica de camisetas, sudadeiras, mochilas e gorras da Rapa
 Rei Zentolo doará á asociación a metade dos beneficios de cada artigo
vendido, que se empregará para a mellora das condicións de vida dos
cabalos e eguas salvaxes nos montes da contorna

 

A coñecida marca téxtil galega Rei Zentolo acaba de
redeseñar e vai comercializar durante os vindeiros tres anos as prendas e artigos de
merchandising da Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada) en virtude do acordo de
colaboración que vén de asinar coa Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.
Ademais de renovarse o deseño das tradicionais camisetas da Rapa, Rei Zentolo tamén
producirá e porá á venda outras prendas e produtos, como sudadeiras, mochilas e gorras, que
se poderán mercar tanto nas tendas da súa rede comercial como a través da web
www.reizentolo.es, no teleclub de Sabucedo e nos postos de venda que se habilitarán durante
a Rapa.
Segundo o pactado, os prezos de venda dos artigos serán os seguintes: as camisetas, 12
euros; as sudadeiras, 25 euros; as mochilas, 12 euros; e as gorras, 12 euros.
En canto aos ingresos que xeren as vendas destes produtos, o presidente da Asociación Rapa
das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, salienta que «Rei Zentolo doará á asociación a
metade dos beneficios de cada produto vendido, unha cantidade que se destinará á mellora
das condicións de vida dos cabalos e eguas salvaxes nos montes da contorna de Sabucedo,
principalmente á realización de desbroces, a preparación de zonas de pasto, ao
desenvolvemento de tarefas de prevención contra incendios e á desparasitación dos animais,
entre outros traballos».

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta