Adxudicadas a Cubiertas Payno as obras de arranxo de parte da cuberta do pavillón 3

O Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos da
Estrada acordou nunha reunión celebrada esta mañá adxudicar á empresa Cubiertas
Payno as obras de arranxo de parte da cuberta do pavillón 3 por un importe de
28.525,75 euros (IVE incluído).
Esta actuación, que disporá dun prazo de execución dun mes, pretende subsanar os
danos que ocasionara un temporal no sector norte do pavillón 3, ao igual que xa se
fixera na parte sur desa cuberta. Concretamente, os traballos consistirán na
substitución da chapa existente por un panel sandwich axeitado, ademais da
instalación de canalóns e baixantes.
O pavillón 3 é precisamente o que acollerá o acceso principal á Feira do Moble de
Galicia e no que se ubicarán a práctica totalidade dos expositores locais, entre os que
xa figuran Corral y Couto, Mucarce, Carpintería Rivas, Fervenza Mobiliario, Suyma
Plus Madera, Artest Mobiliario, Lani Estrada e Gilcolor.
Na reunión do Comité Executivo estiveron presentes o alcalde da Estrada, José
López; a deputada provincial Consuelo Besada; a representante da Cámara de
Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, Lucía Pedroso; o presidente da
Asociación Comarcal de Empresarios, Fernando Martínez; o xerente da fundación;
Nemesio Rey; a tesoureira, Mercedes Cuiña; e o secretario, Jorge Andión.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta