Rapa das Bestas distingue a Cristóbal Hara, Xosé Luis Torrado «O Bruxo», Silvie e Patricie, Airiños de Caldelas e José Luis Magariños

A subida ao monte e o festival RapaSons marcan mañá o comezo dunha
vintena de actividades programadas en Sabucedo ata o luns

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo aproveitou hoxe
a celebración da IX Gala Rapa das Bestas na Honra e Louvanza dos Aloitadores para premiar
ao fotógrafo Cristóbal Hara, ao recuperador físico Xosé Luis Torrado «O Bruxo», á parella de
reporteiros franceses formada por Silvie Chaussbourg e Patrice Lasnier, á agrupación folclórica
Airiños de Caldelas e ao ex aloitador e veciño de Sabucedo José Luis Magariños Álvarez.
Cristóbal Melián Schmidt é un fotógrafo español, nado en Madrid en 1946, que moi pronto
tivo que coller as maletas, pasando parte da súa infancia e mocidade en países como Filipinas,
Estados Unidos e Alemaña. Leva moitos anos acudindo á Rapa das Bestas de Sabucedo e foi
un dos primeiros fotógrafos que baixou á area do curro para captar a esencia da loita entre
homes e cabalos. As súas fotografías teñen sido publicadas en revistas como Creative
Camera, Photovision, European Photography e nos suplementos de El País, La Vanguardia e
El Semanal. A súa obra fotográfica está presente en coleccións de institucións como o Stedelijk
Museum de Amsterdam, o Art Institute of Chicago, o Museo Reina Sofía de Madrid e o Victoria
& Albert Museum de Londres.
Xosé Luis Torrado Casal «O Bruxo» é un polifacético recuperador físico, psíquico e espiritual.
Nado en Mugardos en 1935, foi campión de España de atletismo en 1957 na proba de 400
metros lisos, e a súa traxectoria como preparador e recuperador deportivo con figuras de
primeiro nivel é extensísima. No seu caso, este recoñecemento recíbeo por ser unha persoa
moi cercana á tradición da Rapa das Bestas e por ter aproveitado a súa influencia en
numerosas ocasións para favorecer a Sabucedo e á propia Rapa.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta