O Concello da Estrada contará a partir de mañá con dúas brigadas municipais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais na tempada de verán.
Cada unha das novas unidades estará composta por un xefe de brigada, un condutor e tres peóns. Ademais destes, contarase con catro condutores de motobombas, o que suma un total de catorce traballadores ás filas do concello á hora de previr e loitar contra os incendios forestais, xa que estes non só levan a cabo labores de extinción, senón que tamén se ocupan das labores de desbroce e prevención, como aclarou o concelleiro de Obras e Servizos, Cultura, Medio Rural e Medio Ambiente, Juan Manuel Constenla.
As brigadas actuarán ao longo das diferentes parroquias da localidade e está previsto que cada brigada realice as súas labores nunha extensión de dez hectáreas, co que a superficie que cubrirían estas novas brigadas ascende a vinte hectáreas no período de tres meses por o que foron contratadas.
As brigadas terán a súa base operativa no posto de emerxencias e operarán nas diferentes parroquias, así como no concello e nas áreas recreativas.






































