• A publicación presentarase e sairá á rúa a comezos de setembro e conta
coa colaboración da Deputación de Pontevedra
• O Concello da Estrada, cun stand de turismo, e a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, cun stand centrado na Formación
Profesional, súmanse á relación de expositores
A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada anuncia
para comezos de setembro o lanzamento dunha publicación específica sobre a 32ª
Feira do Moble de Galicia, da que se editarán 4.500 exemplares e que servirá para
promocionar o certame en toda a comunidade.
Segundo explicou o xerente da fundación, Nemesio Rey, trátase dunha «revista de 32
páxinas, que forma parte do plan de comunicación e publicidade que se desenvolverá
este ano, que será máis ambicioso que en edicións anteriores para tentar atraer un
maior número de visitantes ao recinto feiral». Así, avanzou que a campaña publicitaria
abarcará tanto soportes impresos, como radiofónicos e tamén as redes sociais:
«conseguimos incrementar o número de expositores, que xa supera os 60, e agora
imos esforzarnos en captar máis público de toda Galicia para que o investimento que
realizan para acudir á feira lles resulte rendible».
Nemesio Rey agradece a implicación da Deputación de Pontevedra na edición desta
revista -o organismo provincial asume a impresión de boa parte da tirada- e tamén dos
demais anunciantes institucionais, entre os que figuran a Xunta de Galicia, a
Asociación Comarcal de Empresarios (ACE), o GDR Terras de Pontevedra Norte e o
propio Concello da Estrada. Precisamente, o xerente da fundación avanzou que a
Concellería de Turismo estradense vén de sumarse á relación de expositores e
participará na feira cun stand propio, do mesmo xeito que a Consellería de Cultura,
Contacto: 673 156 204 (Alberto J. Rey) – alberto.rey@somoswecom.com
Educación e Ordenación Universitaria contará tamén cun stand propio centrado na
oferta de Formación Profesional.
O xerente da Fundación de Exposicións e Congresos destaca que a presenza de
empresas da contorna será «substancialmente superior» á de edicións pasadas, xa que
participarán arredor dunha quincena de firmas de diferentes sectores: Artesanía
Ferradáns, Artest, Carpintería Rivas, Corral y Couto, Disaldro, Fervenza Mobiliario,
Industrias J. Cerviño, Irmáns Picaño, Lani Estrada, Mucarce, Muebles Pose Mato –
Nattex A Estrada, Osso Ebanistería Creativa, Reale Seguros A Estrada e Suyma+
Plus Madera.






































