A Fundación Cultural A Estrada impartirá dous cursos para desempregados

A Fundación Cultural A Estrada impartirá dúas especialidades formativas AFD para desempregados que foron concedidas hoxe pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se impartirán nos exercicios de 2018 e 2019.

As persoas participantes na especialidade formativa en actividades de venda, que terá unha duración de 608 horas, serán seleccionadas durante o mes de setembro para comezar a formación entre finais de outubro e principios de novembro e terán que acreditar un certificado de profesionalidade ou competencias clave, ambas de nivel 2, ou ben o título que acredita haber superado a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

O curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais prevé o seu comezo para principios de febreiro de 2019, non ten requisitos de acceso e contará cunha duración de 448 horas.

Ambos cursos, cosufragados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, son presenciais, se impartirán en horario de 9:00 a 14:00 horas e as prazas estarán limitadas a 15 alumnos por curso.

Estas accións formativas están dirixidas ás persoas desempregadas da zona, que se deberán anotar na Oficina de Emprego da localidade como persoas interesadas en realizar o curso no que estean interesados e a superación de calquera deles suporá a obtención dun certificado de profesionalidade que acredite as capacidades dos participantes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta