Aínda hai invitacións dispoñibles para acudir ao espectáculo infantil que a agrupación músico-teatral Odaiko representará o vindeiro domingo 30 de setembro no Teatro Principal. As persoas interesadas poderán recoller as invitacións para a función que comezará ás 18:00 horas na billeteira do Teatro Principal da Estrada momentos antes da función. A obra encargarase de pór en escena a musicalización do libro de María Victoria Moreno, Mar Adiante.
O espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra e dirixido a todos os públicos, mestura cantigas, música, danza e marionetas nunha travesía na que os asistentes navegarán rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nunha historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro.






































