López considera que non haberá problemas de aparcamento no centro de saúde

O alcalde da Estrada, José López Campos, asegurou hoxe que non debería de haber problemas de aparcamento na zona do novo centro de saúde, unha vez que estea construído. Ás vinte prazas propias que albergará o recinto hai que sumarlle as setenta coas que xa conta o vial fronte a escola infantil.

Que sobre os planos se conten vinte prazas non significa que estas sexan as únicas, matizou o alcalde. Ademais, rodeando o centro de saúde existe solo dotacional do Concello onde nun futuro se poden construír novos edificios, zonas verdes ou empregalo como espazo de aparcamento, se a demanda o require.

Non obstante, a propia edificabilidade das parcelas xerará novas prazas de aparcamento para o día en que ese solo se empregue para albergar novas estruturas. A estas 90 prazas de aparcamento totais, entre as propias do centro de saúde e as pertencentes ao vial haberá que sumar as que se xeren a maiores. A Baiuca está suficientemente dimensionada como para asumir as necesidades actuais e  calquera proxecto futuro, rematou.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta