O Concello prevé acometer a obra no Manuel Regueiro durante o paro de Nadal

O Concello da Estrada ten esperanzas en que a Deputación de Pontevedra resolva o Plan Concellos durante a xornada de mañá e prevé acometer a obra no Manuel Regueiro aproveitando o paro da actividade deportiva que se produce durante a época do Nadal, para interromper a actividade o menor tempo posible, segundo explicou hoxe o alcalde, José López Campos.

Esta intervención non só require cambiar o tapete de xogo, senón que tamén se reformarán as instalacións en vestiarios e almacéns, para dar cabida e gardar o material pertencente aos distintos clubs que empregan o campo.

Este campo de fútbol ten unha actividade intensa, xa que xogan nel todos os clubs do concello, lembrou López, polo que hai que dotalo dun mantemento adecuado e acometer a obra cando se produza unha paréntese na actividade deportiva que permita telo pechado o menor tempo posible, xa que hai clubs aos que non se lles puideron conceder tódalas horas solicitadas por falta de espazo, a pesar de contar con tres instalacións no concello: o Manuel Regueiro, o campo de Callobre e o Campo de Fútbol Municipal.

O rexedor local sinalou, así mesmo, que a Secretaría do Concello xa está traballando nos pregos coa vista posta en adxudicar, tanto esta actuación, que conta cun orzamento de 200.000 euros, como a de asfaltados rurais (657.000 euros) e de asfaltados urbanos (360.000 euros).

Por outra banda, o vindeiro mércores celebrarase unha reunión con Copcisa, empresa adxudicataria da obra de reforma dos xardíns da Alameda, na que se tratarán os plans de acondicionamento da zona de xogos, xa que se estaba barallando a instalación dunha zona de Parkuor como proposta dirixida aos nenos de entre 6 e 12 anos, pero “non é unha proposta encaixe demasiado”, advertiu o alcalde. Máis claras están as propostas para os maiores a ese tramo de idade, coa instalación dunha pista deportiva, e tamén as dirixidas aos menores a estes.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta