Este mércores e como cada último mércores do mes, no viveiro de empresas da Estrada desenvolverase o proxecto SmartPeme.
A iniciativa SmartPeme consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará unservizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías.
As persoas destinatarias dos servizos do SmartPeme son os/as autónomos/as e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.
Este colectivo engloba a máis de 64.000 pequenas empresas e constitúe máis do 92% do tecido empresarial da provincia
Podes achegarte ás nosas instalacións para recibir asesoramento gratuíto e personalizado sobre a implantación das novas tecnoloxías no teu negocioe/ou para resolver calquera dúbida en relación a esta materia.
Desde Emprego A Estrada queremos destacar que para beneficiarte deste servizo non é preciso que sexas da Estrada.
Alén disto este mércores levarese a cabo a formación: COMERCIALIZA OS TEUS SERVIZOS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Se desexas participar nesta formación (totalmente gratuíta) podes inscribirte a través do enderezo electrónico info.smartpeme@depo.es ou chamar ao 886 202 020 se o desexas tamén o podes facer directamente a través do departamento de emprego do Concello da Estrada: chámanos ao 986 677 740 ou contactános a través do enderezo electrónico: aedlconcelloestrada@gmail.com
Tes toda a información sobre as accións formativas do proxecto en www.spartpeme.depo.es






































