O musical Monster Rock anima a celebrar Halloween este sábado no Principal

O musical Monster Rock, producido pola compañía madrileña Telón Corto, anima ás familias a comezar a celebración de Halloween mediante a asistencia, este sábado, á obra que se representará este sábado no Teatro Principal da Estrada. Dende a organización do evento invitan tanto aos cativos como aos seus acompañantes a acudir disfrazados á función, que contará cun único pase este sábado, 3 de novembro, ás 18:00 horas.

Ao longo do espectáculo os espectadores poderán participar do desenvolvemento da obra, xa que os seus protagonistas, o Home Invisible, Frank, Lobo, Vampi, o Profesor Hyde, Momy e Ghost, precisarán da axuda dos cativos para resolver un gran problema: “Os monstros teñen medo”.  Gracias a esta colaboración, monstros e pequenos xuntos buscarán a clave para vencer o medo a escuridade.

Monster Rock. Unha historia musical terrorífica promete ser unha función familiar, divertida e cargada de sorpresas para a que as persoas interesadas poden adquirir as entradas na xoguetería Tiko Doco, no Departamento de Cultura do Concello da Estrada ou na páxina web Ticketea.com a un prezo de oito euros.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta