O BNG DENUNCIA UNHA VEZ MAIS OS GRAVES PROBLEMAS CIRCULATORIOS DA N-640 PARA ACCEDER Á PO-2016 DIRECCIÓN A VINSEIRO.

Chove sobre mollado. O BNG leva meses e anos reclamando no nome dos veciños e veciñas de Guimarei, Vinseiro, Cereixo, Ribela e Lagartòns, que dunha vez por todas o goberno do PP do sr. López faga uso das súas funcións e responsabilidades e xestione definitivamente o problema que se presenta para acceder desde a PO-640 ás súas parroquias de residencia.
 
Se ata hai pouco xa representaba un perigo e incomodidade ter que cambiar de sentido diante da antiga Nissan, cando se vén de Lalín ou cando se baixa por Fernando Conde, agora a cousa agrávase sobremaneira pola apertura dun centro comercial na nave referida, o cal moitas veces impide cambiar alí de sentido, obrigando aos usuarios a vir á cima da Baiúca ou buscar alternativas.
 
Desde o BNG denunciamos esta dinámica do actual goberno do PP, que parece que non se entera, ou non quere enterarse de que no rural ou nesta parte da vila tamén hai veciños e veciñas, moita xente, tan xente coma a do medio da vila. Cos mesmos dereitos e con aportacións de impostos que valen o mesmo cas de todos e todas.
 
Queremos, por tanto desde o BNG esixirlle ao alcalde e ao seu goberno que priorice xa diante das administracións que corresponda a solución a estes dous problemas: seguridade para peóns neste tramo da N-640 para acceder ao casco urbano e acceso á estrada provincial, dirección Vinseiro-Forcarei.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta