Actualmente quedan á venda as derradeiras 100 entradas á venda para o espectáculo cómico de Pepe Viyuela que se representará este sábado, 15 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Principal da Estrada. As persoas interesadas poden adquirir as súas entradas no Departamento de Cultura do Concello da Estrada ata o venres ás 14:00 horas e na Cafetería Boliche ata o día do espectáculo.
A representación de “Encerrona” chega á Estrada da man dun dos cómicos máis célebres a nivel nacional, cunha presenza sobre as táboas que rapidamente enche os escenarios para envolver ao espectador na obra dende o primeiro minuto da actuación. Unha cita que, sen dúbida, asegurará gargalladas e satisfará as aspiracións dos asistentes.
No caso de quedar entradas dispoñibles o día da función, estas venderanse na billeteira do teatro minutos antes do comezo da actuación.






































