Primeiros pasos do novo obradoiro da Estrada

Os novos obradoiros de xardinería e albanelería do Concello da Estrada comezaron esta semana os seus labores prácticos, segundo informou esta mañá o alcalde da localidade, José López Campos. Estase a traballar en propostas de xardinería susceptibles de seren abordadas polo grupo do obradoiro e que teñan un mantemento sinxelo a longo prazo, afirmou o rexedor local.

O grupo de xardinería estivo traballando esta semana na Avenida de Santiago e trasladarase a partir do luns á rúa da cultura e á carballeira da zona deportiva, mentres que o de albanelería estivo traballando na escola de San Pedro de Ancorados e a partir do luns estará na escola de Moreira, onde se require unha actuación importante que inclúe o cambio da cuberta interior e a reforma da casa escola.

Paralelamente comezarase a traballar nos deseños das rotondas por parte do persoal de xardinería, nun proxecto que ten que resultar executable polo persoal do obradoiro, pero tamén perdurable e sostible no tempo, no que o problema soe radicar no mantemento, observou López. O obradoiro de xardinería concentrará gran parte da súa actividade en zonas como a nova escola infantil, as rotondas e a casa das letras, mentres que o de albanelería realizará os seus traballos nas escolas de San Pedro e Santo Tomás de Ancorados, San Miguel de Castro, San Miguel de Moreira, Curantes, Ribeira, Olives, Vinseiro, Lamas e Somoza. Ambos grupos levarán a cabo actuacións potentes que porán a proba os coñecementos adquiridos e os dotarán das competencias necesarias para solventar as situacións coas que se atopen no desenvolvemento das súas actividades

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta