
A concelleira de Asuntos Sociais do Concello da Estrada, Amalia Goldar, acudiu onte ao Festival de Nadal organizado por Agadea para as persoas que padecen alzhéimer. Un encontro no que monitores, usuarios e familiares conmemoraron o Nadal, celebrado nas instalacións do Novo Mercado que o Concello cedeu á organización.
Os usuarios das aulas de estimulación cognitiva desfrutaron dunha xornada festiva amenizada con diversas actuacións de baile coordinadas polos monitores do Ximnasio Absolut, sorteos e outras actividades, segundo informou hoxe a responsable de Servizos Sociais.
O Concello está satisfeito coa posta en marcha de iniciativas como esta, mediante a que se habilita un espazo onde as persoas maiores podan desfrutar dun servizo de atención das súas necesidades e coidados especiais á vez que se lles dá un respiro aos seus familiares.






































