Cen mil euros para a Variante da Estrada nos orzamentos do Estado 2019 son unha miseria

Cen mil euros para a Variante da Estrada nos orzamentos pactados polo PSOE e Unidos Podemos-En Marea son un insulto á intelixencia, goberno central esquece totalmente o noso concello, deixando nunha miseria os investimentos para a Variante da N-640.

Estes orzamentos estatais demostran dúas cousas: unha xa sabida, que o alcalde da Estrada é incapaz de esixir nada a ningunha administración, dá igual que sexa amiga ou inimiga, como lle gusta dicir; esta situación non é nova, xa pasou con orzamentos do PP e volve pasar con orzamentos de PSOE e Unidos Podemos-En Marea, o alcalde é incapaz de petar na mesa da administración central. 

E dúas, que Galiza non conta en Madrid, ningunha forza política con representación no Congreso defende os intereses do pobo galego e por suposto, do noso concello; isto é algo novo, xa que nunca acontecera cando o BNG tiña representación en Madrid, que sempre antepuxo a defensa dos intereses galegos por enriba do tacticismo e das estratexias das forzas políticas estatais.

Desde o BNG consideramos que este ninguneo continuo o noso concello é especialmente grave, porque impide o desenvolvemento socio-económico do noso concello. A Variante é unha necesidade, e iso a pesar de que suscita a unanimidade de todas as forzas políticas con representación no concello. Pero a pesar das declaracións de intencións, á hora da verdade os compromisos fican en papel mollado como se acaba de ver.

— 
BNG da Estrada

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta