
Despois da reunión celebrada esta mañá entre o Concello da Estrada e a empresa encargada da obra de reforma da Alameda, Copcisa, o alcalde, José López Campos, informou de que pronto comezarán os traballos de recheo, pavimentación e implantación dos servizos de iluminación e rego da zona.
Ademais, explicou que a pila de escombros do que anteriormente foi o pavimento da Praza da Constitución será triturada para o seu posterior emprego no recheo dos novos pavimentos. Unha medida concibida con anterioridade que confire á actuación o status de obra de residuos cero.
Unha vez instaladas as canalizacións para dotar de servizos a zona comezarán os traballos de pavimentación, que se realizarán dende a Praza da Constitución cara a Rúa Castelao, de xeito que a praza sexa o primeiro lugar que se abra ao público unha vez estea acondicionada novamente. López manifestou a súa ilusión porque a praza se converta nun lugar que teña vida propia e que forme unha parte importante da vida dos veciños e veciñas do concello






































