A Estrada recibe ás súas cidades irmás procedentes de Europa

A Estrada recibiu hoxe ás súas cidades irmás procedentes de Europa mediante unha cerimonia de encontro na que os alcaldes das distintas localidades presentaron as súas vilas. As cidades irmandadas forman parte de Portugal, Italia, Hungría, Bulgaria e Eslovenia.
Esta iniciativa enmarcase dentro do proxecto europeo titulado Compartindo a riqueza do patrimonio cultural europeo, mediante o cal se irmandan pobos e cidades da Unión Europea cun fondo de compromiso democrático e participación cidadá. A finalidade fundamental é establecer lazos con concellos cos que compartimos obxectivos comúns e que teñen necesidades parecidas ás nosas cos que poder colaborar no futuro, afirmou o alcalde da Estrada, José López Campos.
Despois de facer un repaso á riqueza cultural e patrimonial estradense, no que lles explicou aos expedicionarios os pormenores da rapa das bestas, as festas do salmón e da sidra, o Pazo de Oca e as actividades económicas arredor do moble e o sector agroforestal, López agradeceu ao Departamento de Cultura do Concello a súa implicación á hora de facer posible este encontro para de contado dar paso ás presentacións dos visitantes.
Os representantes de cada rexión, de Gorna Oryahovitsa (Bulgaria), Dolinka (Eslovaquia), Ponte de Lima (Portugal) e Cserháthaláp (Hungría) realizaron unha breve presentación dos seus lugares de procedencia aportando datos de interese sobre as zonas de onde proveñen, como as principais actividades económicas de cada lugar, produtos e costumes típicas de cada zona, entre outros. A chegada dos expedicionarios italianos procedentes da Comune de Vimercate está prevista para mañá polo que será nese intre no que realicen a súa presentación formal.
Estes visitantes permanecerán na localidade ata o 17 de marzo e irán realizando diversas actividades, como a visita ao Pazo de Oca, a lagares estradenses, á catedral de Santiago de Compostela e ao Parlamento de Galicia, onde se atoparán con outros políticos.
Este encontro foi organizado polo Concello da Estrada Concello da Estrada mediante unha iniciativa financiada pola axencia executiva nos ámbitos educativo, audiovisual e cultural do programa Europa con los ciudadanos.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta