Comeza A 15ª Xira Do Teleclub da Comedia

Despois de preto de  200 actuacións realizadas ao longo dos últimos sete anos, mañá venres comeza unha nova xira do ciclo de distribución cultural polas parroquias estradenses O Teleclub da Comedia, unha xira que chega esta primavera á súa décimo quinta edición.O obxectivo non é outro que o de  descentralizar as actividades culturais achegándoas, na medida do posible, a aqueles ámbitos de poboación rural desprovistos de infraestruturas; favorecendo, por unha banda, a captación de público e a consolidación dun ciclo de exhibición cultural permanente. Isto, sen esquecer, que a programación destas actividades, está servindo tamén para poñer en valor espazos como antigas escolas, teleclubs e outros locais sociais, presentes en cada parroquia e medir co público a novos artistas estradenses.O ciclo dará comezo o 29 de marzo en Toedo e rematará o 2 de xuño no local social de Parada. Entre medias, a caravana do Teleclub da  Comedia visitará as parroquias de Cora, San Pedro de Ancorados, Matalobos, Callobre, Riobó, Lamas, San Tomé de Ancorados, Sabucedo, Curantes, Arnois, Moreira e Sto André de Vea, ademais da residencia da 3ª idade da Estrada.Os artistas que participarán nesta edición son en gran parte de procedencia estradense: Sali Torres, Mari Rivadulla, Chelo do Rejo, Chus Picallo, Manolo do Atlético, o Mago Toño, Isi, a compañía teatral Disfunción Continua, o Padre Xiao, o Padre Merino e a Escola Municipal de Artes Escénicas aos que se sumará o cómico Pedro Brandariz e o mimo Nono.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta