O BNG centra as súas prioridades na creación de solo industrial público para xerar emprego

O candidato á alcaldía do BNG, Xosé Magariños, Susana Camba, candidata ao Congreso, e Raquel López Doce, candidata ao Senado, mantiveron na mañá de hoxe mércores un encontro con delegados da CIG. Segundo explicou o candidato do BNG, “solicitamos esta reunión para expoñer as nosas propostas en materia económica e de emprego, que para o BNG pasan pola posta en marcha da Cidade do Moble, algo no que poñeremos especial empeño se temos a maioría suficiente no concello a partir do 26 de maio”. 

O actual concelleiro nacionalista explicou que “o proxecto sectorial do moble e da madeira non pode seguir por máis tempo no caixón de San Caetano, xa non confiamos en que o PP aposte por este proxecto e o recupere”, afirmou, “como moito dirán algo ao longo da campaña, un anuncio, como fan con todo, que logo non se concreta en nada”. “Para o BNG a Cidade do Moble é clave para xerar emprego na Estrada”, indicou, “as empresas do sector da madeira queren medrar e non poden, A Estrada non pode permitirse o luxo de perder máis empresas e máis emprego”.

Por outra parte o concelleiro do BNG tamén puxo o énfase na creación de “solo industrial público en Toedo, algo que demandan as empresas, e como ocorre coa Cidade do Moble, é vital se queremos que A Estrada avance e teña futuro, non nos podemos permitir que máis comercios baixen a persiana, compre xerar dinamismo económico no concello”.

Liquidar as reformas laborais

Pola súa parte, a candidata ao Congreso, Susana Camba, explicou aos delegados da CIG que “o BNG centrará as súas prioridades no Congreso na derrogación da reforma laboral do PP, que están condenando á precarizando a clase traballadora, salarios de miseria e coberturas sociais insuficientes a moita xente deste país”.

A candidata do BNG ao Congreso criticou con dureza as forzas políticas que apoiaron a Pedro Sánchez nestes últimos meses, “nin PSOE nin Podemos nin En Marea foron quen de derrogar a reforma laboral do PP, e iso que tiñan maioría para facelo”. “O BNG comprométese a facelo”, sentenciou.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta