O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou na noite deste mércores no mitin que a formación ofreceu na Estrada dentro da campaña das eleccións xerais. No acto, que encheu o Teatro Principal da Estrada, o partido apelou á importancia de non dividir o voto o próximo domingo 28 de abril.

O líder popular quixo acompañar na vila estradense ós candidatos ó Congreso pola formación, Ana Pastor e Juan Constenla, e tamén ó rexedor e alcaldable para as municipais, José López Campos. Acudiron tamén entre outros, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretaxio xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a candidata ó Senado Pilar Rojo, …






































