Movemento Veciñal Estradense -Móvete- levará a cabo un Plan de Recuperación do Patrimonio Histórico e Natural do Concello

  • Coa rehabilitación e posta en valor de, entre outros bens partimoniais e naturais como a Torre de Guimarei, o Acueduto dos Leira, o Acueduto da Pina e súa Fabrica da Luz, a Lagoa Sacra de Olives e as fervenzas de Curantes entre outras Móvete pretende recuperar o turismo rural da zona.

Móvete que o próximo 26 de Maio buscará acadar a alcaldía do Concello é consciente do estado deplorable do patrimonio histórico e natural  do noso concello que en moitos casos se atopa o borde de desaparición ca importante perda que iso suporía a nivel histórico e tamén económico xa que consideramos que podería chegar a converterse nunha gran fonte de ingresos para o rural e o mesmo tempo para todo o Concello.

Dentro do plan que levará a cabo de forma urxente debido o estado dalgunhas destas construcións Móvete pretende buscar, se a alternativa de facerse coa propiedade da mesma non fose viable económicamente, unha cesión temporal para uso público da Torre de Guimarei -na actualidade ocupa un posto la lista vermella do Patrimonio- con sistema similar o utilizado polos veciños de Sabucedo para as edificacións existentes na ruta dos muíños. Así naquel caso aínda que os camiños por onde transcorre a ruta eran públicos, os muíños eran privados, polo que ante notario a Asociación Rapa das Bestas firmou unha cesión dos propietarios ao seu favor autorizándolle a facer as obras necesarias, e a darlle uso público ás edificacións. Grazas a esta cesión conseguiron que a Xunta financiara a rehabilitación. Desta forma o Concello asumiría o mantemento desta histórica construción declarada BIC, que agora mesmo non é visitable polo estado no que se atopa de abandono, sendo unha auténtica xoia do noso patrimonio local, mentres que o custo da restauración da mesma poderá ser cofinanciado entre varias administracións, o que será mais doado no futuro en virtude da Lei de Reahibilitación de Galicia que entrará en vigor o vindeiro 22 de maio.

Outras das actuacións que levaremos a cabo será a recuperación e aseguramento construtivo da Fábrica da Luz e o acueduto da Pina para a súa conservación levando a cabo a creación da ruta de senderismo tan desexada polos veciños da zona (Barbude, Aguións) . Outro  dos acuedutos que se pretende recuperar é o dos Leira que se atopa entre as Parroquias de Codeseda, Ribela e Parada, ten como particularidade que é un acueduto que cruza un rio, é dicir non trasporta auga dese rio, senón que trasporta auga dende o límite entre as parroquias de Ribela e Codeseda, ate a de Parada. Ademais de acueduto era usada como ponte, a beleza deste construción aumenta o cruzala xa que ten un sistema de un paso aberto e outro pechado, e no que está aberto pode verse a  auga pasar debaixo . Hoxe en día  está moi deteriorada e é moi perigosa, porque  ten unha altura considerable, e non ten barandillas .Móvete pretende recuperala o tratarse dunha construción única en Galicia.

Xoias naturais agora esquecidas como a Lagoa Sacra de Olives e as Fervenzas de Curantes formarán parte tamén deste plan aínda que se consultará a representantes veciñais de todas as Parroquias Estrandenses sobre lugares que poidan considerar de interese incluílos.

Pretendemos así dinamizar o Turismo Estradense que posúe un potencial enorme recuperando do ostracismo o que está sometido polo actual goberno, recuperando o mesmo tempo a economía do rural e do propio Concello.Así mesmo Catalogaranse todas as rutas existentes nas Parroquias Estrandenses que así mesmo serán correctamente sinalizadas, homolgadas e publicitadas na web de Turismo Estradense ademais de apostar firmemente por dar impulso ás Rutas Xacobeas da Prata e dos Arrieiros as que dedicaremos apartados específicos dentro do noso programa.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta