
Sen dúbida a coñecida popularmente como Zona de Montillón, no sur da parroquia de San Andres de Souto, é un dos territorios con maior beleza natural do noso Concello. Formada polas aldeas de Cortegade, Enviande, SanTrocado, Montillón de Arriba, Montillón de Abaixo e A Toxeira, hoxe en día tamén merece moito a pena perderse polos rueiros e camiños destes lugares, e contemplar as construccións restauradas, degustar a gastronomía local, ou achegarse a sitios tan emblemáticos como a Capela de San Benito, ou ao cumio do monte Cávado, o punto de maior altitude do Concello da Estrada.
Deste xeito Móvete recolle e apoia a proposta veciñal que propón potenciar o turismo neste territorio con actuacións que poñerían en valor e sobre todo facilitarían o acceso aos visitantes a esta zona, o que sen dúbida favorecería ao desenvolvemento económico e a paliar a perda de poboación que hoxe en día se está a producir.
Así unha das actuacións mais importantes sería a instauración dunha ruta de sendeirismo que descorrería saindo da capela de San Benito no lugar de Montillón de Arriba, con dirección noroeste ata o rio de Montillón no lugar de Montillón de Abaixo. Seguiría por unha ponte de pedra rodeada de muíños, e despois rio arriba ata atopar outra ponte, tamén de pedra, pero so peonil. Continuando chegarase a un muiño con un sistema de produción de enerxía eléctrica dos anos 60, e mais arriba alcanzaríase a Fervenza das Freixas, que é espectacular, non só pola beleza natural senón porque conta con un muiño a media altura. Un pouco máis arriba e xa a altura da aldea de Cortegade (fermosa por ser un pequeno enclave ) a ruta transcorre por unha carballeira maravillosa (Carballeira de Parga).
Unha vez rematada toda esta parte da ruta (sempre á sombra das arbores de riberia) comeza a subida ao monte Cavado pasando polo enclave das Lamas, mítico por ser onde se xuntaban, hai anos, as bestas de Sabucedo. Chegariase finalmente á paraxe coñecida como Fonte do Cabalo (inicio do rio por onde trascorre parte da ruta), alcanzando, en poucos metros, o final da ruta, lugar onde se desfrutan unhas vistas espectaculares da ría de Arousa, da de Pontevedra, así como da cidade de Santiago.
Tamén podería existir unha variante da presente ruta que discurriría cara a Ponte da Toxeira, percorrido tamén cheo de muiños. Nas anteriores rutas procederíase de xeito paulatino a unha restauración dos elementos arquitectónicos, tales como muiños e pontes.
Do mesmo xeito tamén dende esta zona, unha das mais afastadas do noso Concello, se reivindica a recuperación do transporte público. Dende sempre os veciños contaron cun servizo de autobús pola mañan desde Montillón cara A Estrada e a medio dia o percorrido inverso. Pero dende o ano pasado só funciona os luns, mércores e venres. Pola mañan de ida, e as 11.30 de volta, o que resulta absurdo posto que se, como é o habitual, un veciño quere voltar a medio dia, tería que chamar e facer un transbordo de bus.
Tamén, neste ámbito, se reclama a colocación marquesiñas de espera de bus de cristal como acontace en outras zonas do concello, xa que na zona de Montillón só existen unhas de chapa sen restaurar dende anos 70.
Finalmente solicitan bases de formigón e enganches para os contedores do lixo, xa que moitas veces están tirados de calquera maneira, e pola súa banda, en Montillón de Arriba, reivindican a reparación do camiño que vai á taberna e á Capela de San Benito, xa que está en estado lamentable cheo de buratos e cunha presa de auga que cruza por encima do mesmo, debido a que os tubos de drenaxe están atascados e nunca se repararon polo Concello.
Resulta especialmente lamentable esta situación posto que pola dita vía é usada xente de moitos lugares de Galicia (Debido á oferta gastronómica do lugar, hoxe de moda, e á Capela e festa de San Benito). Deste xeito Móvete recolle e apoia estas propostas veciñais,
comprometéndose a facelas efectivas






































