Xosé Magariños acusa ao candidato do PP de ser un cero á esquerda á hora de esixir solucións aos problemas das infraestruturas do concello

Hai poucos días o Ministerio de Fomento rematou o pintado dos “remendos” asfaltados nos últimos meses na N-640 ao seu paso pola Estrada. A sorpresa para moitos veciños e veciños veu polas liñas continuas que Fomento pintou no tramo de Castro Loureiro, onde antes había tres tramos A Estrada, 9 de maio de 2019nos que si se podía adiantar. O candidato do BNG á alcaldía, Xosé Magariños, afirmou “que non negamos a perigosidade deste tramo, sen embargo, a solución non pasa pintar raias continuas, senón por eliminar as curvas perigosas e por poñer carrís para vehículos lentos”.
O candidato do BNG explicou “que diversos veciños e veciñas nos manifestaron a súa incredulidade pola solución adoptada polo goberno central para ese tramo de curvas, xa que agora mesmo non só é imposíbel adiantar a un vehículo pesado que circule polo Castro de Loureiro, senón que até que pase pola vila tampouco o poderá facer, e iso se ten sorte o condutor ou condutora que lle toque ir detrás dun camión; a solución adoptada por Fomento é unha trampa”.
O actual concelleiro do BNG afirmou que “A Estrada merece unhas comunicacións decentes e á altura do século XXI”. “Xa non é só que goberno central nos tome polo pito de sereno por esta solución ás perigosas curvas do Castro de Loureiro”, engadiu, “senón que non existimos á hora de orzamentar a tan ansiada Variante que está aí estancada desde hai décadas”. “Mais isto pásanos porque temos un goberno municipal inútil, que nin está nin se lle espera”, afirmou Magariños. “Porque non se trata só da N-640”, engadiu “falamos tamén da Autovía ou da estrada que comunica Baloira con Pontecesures, chea de curvas e co pavimento moi deteriorado, mais López é incapaz de levantar o teléfono para chamar a Feixóo e esixir solucións aos problemas das infraestruturas que ten A Estrada, é un cero á esquerda”.






































