
– O candidato do Partido Socialista á alcadía da Estrada, Luis López Bueno, está convencido de que o turismo “debe ser un dos motores económicos da Estrada”, polo que considera imprescindible “colaborar coas asociacións locais para elaborar estratexias e encaminar o apoio do concello a iniciativas concretas”. “Queremos que os recursos naturais sexan os protagonistas. Crearemos zonas fluviais no entorno dos nosos ríos, escoitando ós veciños que xa traballan nestas iniciativas, e rodearemolas de sendas verdes peonís e para bicicletas, que conecten o casco urbano e os diferentes puntos de interese rurais, que son moitos”, explica o alcaldable socialista. Para que estas novas rutas poidan ser correctamente explicadas ós turistas, sería necesario ofrecerlles un axente especializado que os atenda, e que conte cun “lugar atractivo” para facelo, polo que o PSdeG aposta pola apertura dunha oficina de turismo nas instalacións do Museo Reimóndez Portela.
Agrupación Socialista da Estrada Neste senso, López Bueno lembra que aínda que a Deputación de Pontevedra financiou a construcción deste museo “o PP aínda non se dignou a abrilo”, e que a institución provincial ofreceu tamén unha subvención que cubría o custo do salario dun axente turístico, “que os populares rexeitaron e prefiren pagar con cartos das arcas municipais”. Colaboración con outros concellos A aposta do PSdeG pola potenciación do turismo pasa tamén pola colaboración con concellos veciños para ofrecer unha rede de lugares máis ampla que permita acceder a un tipo de cliente con estancias máis longas. Esta colaboración implicaría a creación de plans turísticos conxuntos que se promocionarían en eventos e diversas canles de marketing.






































