O PSOE AFIRMA QUE O PMUS NON ACHEGA NADA NOVO PARA O FUTURO DA ESTRADA

O PSOE fixo unha primeira avaliación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e afirma que “non achega nada novo para o futuro da Estrada”.
Os socialistas entenden que “é un documento que prevé actuacións que xa lle soan a todos os estradenses porque estiveron de actualidade en distintos momentos, e moitas de las dependen de que se executen infraestruturas
que dependen doutras administracións
.López Bueno opinou que “como fotografía das necesidades está ben, aínda
que xa eran coñecidas. A única xustificación que lle vexo é cumprir un dos
requisitos da EDUSI, pero a realidade é que case todas as actuacións
propostas dependen dunha maneira ou doutra
da autovía e da variante,
e este goberno non fixo nada pola súa execución nos últimos 9 anos
. Iso fai que no curto prazo sexa inaplicable
s moitos dos proxectos que se recomendan
para os propósitos que se pretenden”.
Sobre a humanización da Praza da Feira, López Bueno pronunciouse
“totalmente a favor da reforma, pero con matices”. Indicou que “cómpre ser
ambiciosos na reforma, que non quede nun mero lavado de cara. Débese
conseguir que os veciños e veciñas usen as novas instalacións máis do que
o fan agora”. O voceiro tamén se amosou preocupado polo “encaixe da
reforma cos usos que ten a praza agora mesmo. A reforma debe ser
compatible coa feira dos mércores e con outras actividades que se realizan
nesa praza ao longo do ano. Na mesa de
mobilidade e na comisión
encargada do seguimento deberá haber consenso en como acometer a
humanización, non pode ser un proxecto
 unilateral do PP como a reforma da
alameda”.
López Bueno tamén se amosou preocupado polo anunciado aparcamento
disuasorio na rúa 25 de xullo, 
Este proxecto xa se estaba contempladodurante o goberno de Dono. Oprincipal será que o aparcamento sexa
operativo e cubra ben o servizo. O PMUS indica como aparcamento
disuasorio a zona posterior á oficina de Correos, e todos sabemos en que
estado se atopa. Se se fai a
humanización da Praza da Feira débese garant
ira viabilidade do aparcamento no longo prazo. Se
rá necesario que o firme
soporte a carga dos vehículos sen deteriorarse
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta