
O Festival Folk Lume na Lareira, unha das citas ineludibles coa música da terra na Estrada xa ten data para a súa duodécima edición: será o domingo 17 de novembro, no Teatro Principal da vila. A programación presentouna onte o representante de Lume na Lareira, a formación anfitriona, Juan Ruibal, e o concelleiro de Cultura e tenente de alcalde, Juan Constenla.
O festival comezará ás 18.00 horas e será presentado polo televisivo Xacobe Pérez.
As entradas xa están á venda, polo que as persoas que queiran asistir como público poden mercar os seus pases, a un prezo de cinco euros, no departamento de Cultura do Consistorio estradense, no establecemento hostaleiro Mesón da Estrada ou no Café Alameda. Recoméndase facelo con antelación para asegurar asento.






































