Rodeiro abre este venres a IX Festa da Caza cun magosto no que se asarán 50 kilos de castañas

O Concello de Rodeiro abrirá este venresa partires das 21.00 horas a
programación da IX Festa da Caza coa celebración dun magosto tradicional
no que se asarán arredor de 50 kilos de castañas nunha carpa situada
na rúa Gumersindo Areán
 
Con este magosto, ademais de animar a fin de semana central da festa,
o Concello de Rodeiro pretende «poñer en valor un dos produtos autócton
os e típicos da gastronomía local como son as castañas».
O programa de actividades continuará o sábado a partires das 9.00 horas coa celebración dunha montaría feminina na que está prevista a participación de alomenos unha quincena de mulleres.
Esta montaría está organizada pola Federación Galega de Caza de Pontevedra, en colaboración co Concello de Rodeiro e a Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro.
Con posterioridade, ás 10.00 horas sairá desd e o centro do pobo o autobús
da actividade «Coñece Rodeiro», que realizará unha visita guiada a unha ducia de elementos e recursos turísticos de todo o municipio: o pazo de Trasulfe, a tulla de Outeiro, a vila romana, o pazo de Camba, a casa do
arcebispo en Toiriz, a casa do Vales en Fronas, o couto dos mouros, a ponte de Pedroso, o peto de Riobó, a igrexa de San Martiño, o cruceiro de Oirín, etc.
Xa na xornada dominical, as rúas do centro de Rodeiro acollerán desde as 10.30 horas diferentes actividades lúdicas e deportivas, como
pasarrúas musicais, tiro deportivo simulado, tiro con arco,
field target e demostracións de cetrería con exposición de aves e exhibicións de voo. Ás 13 horas, na carpa ubicada na rúa Gumersindo Areán tódolos asistentes poderán desfrutar dunha degustacióng ratuíta de produtos de caza.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta