O BNG insta ao goberno do PP a elaborar un plan de mantemento periódico das rúas da vila

A voceira do BNG, Susana Camba, lémbralle unha vez mais ao Alcalde a necesidade urxente de elaborar un plan de mantemento das rúas e as infraestruturas das mesmas.

Recórdalle ao sr. López que cando se accede á responsabilidade dun goberno municipal, hai que facer plantexamentos que permitan seguir unha liña de traballo con criterio, lonxe de pelotazos ocasionais usados de maneira interesada en tempo electoral.

Agora mesmo desde o BNG comprobamos, di Susana Camba, como as infraestruturas viarias da vila están nun estado de deterioro e deixadez preocupante.

Deixando aparte cuestións de criterios estéticos, como por exemplo esquinas de beirarrúas que soportan cinco ou seis sinais independentes e postas sen criterio algún, indo ao estado que presentan, atopámonos con : Avda. de Santiago con un pésimo estado da calzada, Rúa 25 de Xullo un desastre, sobre todo no tramo final por debaixo da feira, rúa 20 ata a Farola coa calzada en proceso de descomposición, rúa do Muíño coas beirarrúas e os drenaxes terceiromundistas, pasos de peóns perigosos, como é o caso do da Casa das Letras (que o BNG leva tempo dicindo que merece un estudo por se convén movelo), a seguridade no tramo da nacional 640 desde a sala Lennon ata o fin da zona urbana despois da rotonda das colonias (cuestión que o BNG ten posto varias veces enriba da mesa para que o goberno municipal chame á porta de Fomento), aparcadoiros impracticables…. Etc etc etc.

Desde o BNG coidamos que A Estrada merece máis, merece un goberno que atenda as necesidades dos veciños e veciñas. O goberno do PP non pode seguir de vacacións nin un minuto máis. É o que procede.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta