A Estrada engade un mercado aos atractivos das festas máis entrañables do ano
O Concello informa de que, con motivo das festas de nadal, instalarase un Mercadiño de Nadal no Novo Mercado que funcionará os días 20,21,23 e 24 de decembro, para reforzo e apoio das ventas dos postos de venta de productos naturais e de proximidade dos postos da Praza en datas de elevado consumo.
O mercadiño, que habrirá tódolos días en horario de 9:30 h a 14:30 h, estará decorado con motivos propios do nadal e incluirá a venda de produtos relacionados con estas festas, como artigos decorativos, doces típicos (turróns artesáns, mantecados, froitos secos…) e agasallos (artesanía textil, cerámica, xoiería…). Serán un total de 16 postos, dos cales unha parte están reservados para o comercio local, na que ainda se poden inscribir no teléfono 630 650 415.
O mercado estará apoiado a maiores, nunha ludoteca infantil onde os máis cativos en horario de 11:00 h a 14:00 h poderán xogar mentres os adultos visitan os distintos postos, presentando ticket de compra no Novo Mercado. Ademais o martes 24, as 12:00 h realizarase un show culinario con degustación para elaboración de un menú de nadal saudable.
Os mercadiños de nadal son unha actividade que se celebra dende moi antigo en moitas cidades europeas converténdose nun importante foco de atracción de público. Un fluxo de xente que se estende polo resto das rúas do municipio e que supón un importante incentivo, xunto coa pista de xeo e a programación cultural de nadal, para o comercio e a hostalaría local.
Ademais o mercado terá unha vertente ecolóxica e sostible, posto que boa parte dos artigos de decoración que se exporán, están realizados con materiais de refugallo e reciclaxe. Algúns dos produtos gastronómicos tamén se elaborarán con ingredientes de agricultura ecolóxica.







































