O PSOE RECLAMA UNHA XERENCIA CAPACITADA PARA LEVAR AS DEMANDAS DO SECTOR Á FEIRA DO MOBLE

O PSOE amosouse “incrédulo” ante as declaracións de
López Campos sobre a Feira do Moble. Luis López Bueno opina que “non ten
sentido que sexa el o que tire pedras contra a Feira do Moble cando é un
dos principais responsables da situación da Fundación, e como tal debe
asumir a súa responsabilidade”.
López Bueno explicou que “a Feira do Moble leva anos nunha caída moito
máis acusada do que reflexan os datos que anuncia o goberno, e iso ten un
claro efecto na situación económica da Fundación. Porén, non se tomaron
medidas durante os últimos 9 anos, e a culpa de que non existan eses
cambios é do Concello e da Xunta de Galicia. Propuxemos no Padroado que
se aposte pola contratación dun Xerente profesional, que teña a capacidade
efectiva de realizar os cambios que demanda o sector”. Considera que “é a
única solución posible para os malos resultados económicos, xa que ese
mando intermedio tería a capacidade de dirección operativa do día a día da
Fundación, todas as potestades para a organización dos eventos e sería
responsable da xestión económica”.
Ese xerente que reclaman dende o PSOE debería “encargarse de orientar a
Feira cara o mercado ao que se dirixen os mobleiros da Estrada. Só desa
maneira se pode promocionar o moble local”. Ademais, considera necesaria
unha “axenda paralela que poña en contacto aos clientes coa nosa industria
para potenciar as cifras de negocio impulsadas ao abeiro da Feira do Moble,
apostar por espazos para a innovación, que lle faciliten á industria
comprobar cara onde camiña o sector e mellorar a súa competitividade e
incluír un apartado para a formación”.
O líder socialista valorou o orzamento aprobado no Padroado como
“manifestamente irreal, pero non houbo ningunha outra proposta
precisamente pola falta dun Xerente que poida decidir sobre ela”, e
sentenciou que “o goberno municipal e a Xunta deben poñerse de acordo na
solución que se debe tomar, eles son os únicos que teñen maioría no
Padroado para decidir sobre o futuro da Fundación”.
Sobre a cesión de instalacións para o IES Antón Losada, o voceiro socialista
coincide en que o sector está demandando man de obra, e que coas
instalacións actuais “é imposible satisfacer esas peticións”. Manifestou que
“o propio Losada Diéguez está a asumir a responsabilidade do que poida
acontecer nos espazos actuais, e débese actuar con axilidade para resolver
o problema de instalacións. Ademais diso, debemos coidar á pouca industria
que nos queda, e esta é unha maneira de facelo”. Sendo consciente diso,
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
considera que “haberá que valorar o impacto económico sobre a Fundación,
xa que iso repercute directamente na capacidade de xerar recursos da
entidade”, e tamén explicou que “consta que a Consellería de Industria está
en contacto coa Consellería de Educación, e que se están a valorar
alternativas dende as dúas. O ideal sería que A Estrada contara cunhas
novas instalacións que garantan a calidade da formación”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta