Este vindeiro sábado o Teatro Principal encherase de Lambetadas

Este vindeiro sábado día 11, ás 18.00 h, chegará ao Teatro Principal o espectáculo
Lambetadas da compañía Talía Teatro.

Na liña das exitosas Bicos con lingua e Pelos na lingua, a compañía compostelá reinvindica
a posta en valor da lingua galega como elemento fundamental da identidade individual e
colectiva. E faino cunha comedia baseada en textos de Santiago Cortegoso, María Canosa e
Sechu Sende que son levados a escena a través do clown, o xogo escénico e o teatro de
obxectos.

Dirixido polo propio Santiago Cortegoso e interpretado por María Ordóñez e Diego Rey, as
entradas para o espectáculo poderán recollerse no departamento de Cultura da Estrada, a
partir do mércores día 8 a un prezo de 3,00€ ou no despacho de billetes do teatro a partir das
17.15 h.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta