O Rexedor Estradense fai chegar o seu pésame a familia de Alejandro Durán

Quero facerlle chegar á familia Durán Martínez o meu máis profundo pesar e o de toda a Corporación polo recente falecemento de D. Alejandro Durán; membro distinguido da sociedade estradense e que tanto significou no eido empresarial a través da firma Martínez Otero, un grupo empresarial tan importante para o benestar e progreso da nosa vila.

 

Máis alá do seu inxente legado empresarial, nestes duros momentos, cómpre facer unha sentida lembranza da súa bonhomía e xenerosidade, postas sempre a disposición de cantos tivemos a honra de coñecelo e tratalo.

 

O meu máis sentido pésame, pois, á familia, amigos e empregados. Hoxe, máis que nunca debemos renderlle homenaxe a quen fixo da súa empresa un referente mundial do comercio e, da súa vida, un exemplo de grandeza, constancia e compromiso. Descanse en paz.

 

 

O alcalde

 

José C. López Campos

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta